Xerez Club Deportivo
Xerez | |||
---|---|---|---|
Nome | Xerez Club Deportivo, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Azulinos La bulería mecánica[1] | ||
Fundación | 1907, como Xerez FC 1933, refundación 1947, como Jerez CD | ||
Estadio | Municipal de Chapín Xerez da Fronteira, España | ||
Inauguración | 1988 | ||
Capacidade | 20.523 | ||
Presidente | Juan Luís Gil "Tintín" | ||
Adestrador | Francisco Higuera | ||
Liga | Terceira RFEF | ||
2013–14 | 19º (3ª – Grupo 10) | ||
Vestimenta | Joma | ||
Na rede | |||
http://www.xerezcd.com/ | |||
| |||
O Xerez Club Deportivo[2] é un club de fútbol español, con sede na cidade de Xerez da Fronteira (Cádiz, Andalucía). Foi refundado o 24 de setembro de 1947.
Durante a tempada 2008-09, na que contou co apoio de 9.656 abonados, militou na Segunda División de España e logrou o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia, ao que se sumou o título de campión da categoría de prata. Actualmente conta con 16.216 abonados.[3] Nesa tempada quedou 20º e volveu descender á Segunda División.
Denominación
[editar | editar a fonte]Cando o Reino de Castela tomou Xerez o 9 de outubro de 1264 aos musulmáns no período coñecido como a Reconquista, a cidade pasa a denominarse Xerez, representando o fonema /x/ (iota) co pictograma X, como era regra na época. Outros casos similares son México e Texas. Á que se lle engadiría ao pouco tempo de la Frontera, ao atoparse na Fronteira co Reino de Granada, e ser escenario habitual de escaramuzas e enfrontamentos entre ambos reinos. Máis de dous séculos máis tarde, trala conquista de Granada en 1492, Xerez perde a súa condición de cidade fronteiriza definitivamente, pero non perde tal denominación.
O primeiro club de fútbol existente na cidade (de 1907 ao 1911, segundo fontes), o Xerez Fútbol Club, recupera o pictograma clásico "X" en lugar de utilizar a "J" moderna. Con todo, a pronunciación é a mesma. O Jerez Club Deportivo, descendente directo do anterior decide renderlle homenaxe a instancia do expresidente Pablo Porro Guerrero, a través de dúas medidas. A primeira delas foi o cambio de camiseta á usada polo primeiro club, pasando de camiseta de raias branca e azuis verticais a unha lisa azul. Este equipamento é o actual, diferenciándose unicamente da do Xerez Fútbol Club en que este utilizaba medias negras. A segunda medida tomada foi a recuperación do pictograma "X", pasando a ser Xerez Club Deportivo. O 29 de setembro de 1992 o club transfórmase nunha Sociedade Anónima Deportiva, pasando á denominación definitiva actual: Xerez Club Deportivo Sociedad Anónima Deportiva.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón azul e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.
Titular
|
Alternativo
|
Terceiro
|
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Municipal de Chapín.
O Xerez xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Chapín, cunha capacidade para 20.523 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Foi inaugurado en 1988, coa intención de substituír o antigo Estadio Domecq que foi derribado. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais do mesmo ano.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 1
- Tempadas en 2ª: 24
- Tempadas en 2ª B: 17
- Tempadas en 3ª: 21
- Tempadas en Rexional Preferente: 2
- Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 56º
- Mellor posto na liga: 20º (1ª División, 2009-10)
- Mellor resultado en 1ª: 3-0 fronte ó Real Valladolid (2009-10)
- Mellor resultado en 2ª: 12-0 fronte ó Atlético Sanluqueño, 1958-59)
- Maior goleada encaixada en 1ª: 5-0 fronte ó Real Madrid, 2009-10)
- Maior goleada encaixada en 2ª: 7-0 fronte ó Real Jaén, 1951/52)
- Máximo goleador: Agar, 90 goles (1947-48 a 1953-54)
- Máis partidos disputados: Vicente Moreno, 358 partidos
Partidos históricos en Primeira División
[editar | editar a fonte]Tempada | Local | Resultado | Visitante | Estadio | Notas |
---|---|---|---|---|---|
2009-10 | Xerez | 2-1 | Villarreal | Chapín | 0-1 min 17. |
2009-10 | Xerez | 2-1 | Mallorca | Chapín | 0-1 min 23. |
2009-10 | Málaga | 2-4 | Xerez | La Rosaleda | 0-1 min 5. 2-1 min 55. |
2009-10 | Xerez | 3-0 | Valladolid | Chapín | |
2009-10 | Atlético de Madrid | 1-2 | Xerez | Vicente Calderón | |
2009-10 | Xerez | 2-1 | Almería | Chapín | |
2009-10 | Xerez | 3-2 | Zaragoza | Chapín |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División de España (1): 2008–09
- Segunda División B de España (2): 1981–82, 1985–86
- Subcampión da Segunda División B (2): 1992–93, 1996–97
- Terceira División de España (5): 1952–53, 1959–60, 1964–65, 1966–67, 1970–71
- Subcampión da Terceira División de España (5): 1958–59, 1960–61, 1961–62, 1963–64, 1969–70
- Rexional Preferente (2): 1947–48, 1948–49
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xerez Club Deportivo B.
O Xerez Club Deportivo B, fundado en 1957, milita actualmente en Primeira División Andaluza. O equipo filial disputa os seus partidos no Estadio de la Juventud, e é onde se forman as novas promesas do Xerez CD.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La 'Bulería Mecánica' de Esteban, ante su barrera
- ↑ A pronunciación correcta é [xe'reθ] (como Jerez en castelán), non [ʃe'reθ], que é a forma literal que moitas persoas tenden a lelo. O club decidiu recuperar o arcaísmo e substituír a letra "J" por unha "X" pero a pronunciación segue sendo a mesma.
- ↑ Xerez CD. "O Xerez conta con 16.216 abonados". Consultado o 27 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xerez Club Deportivo |